Asóciate

 


Por que asociarme?

Millapeques está ao dispor das familias da EEI Milladoiro para:

  • Axudarvos a coñecer o centro e o seu funcionamento.
  • Solucionar dúbidas e queixas ...... pero tamén escoitar novas propostas.
  • Representarvos diante das autoridades educativas así coma no Consello escolar.
  • Organizar actividades extraescolares para os cativos e colaborar no bo decorrer da actividade normal do centro.

 Como socio/a tes dereito ademais a:

  • Participación nas asembleas.
  • Asistencia ás actividades formativas para as familias.
  • Praza preferente e tarifa reducida nas actividades extraescolares.
  • Festa fin de curso.

Cada alumno e alumna debe ter ao seu carón unha familia que se preocupe pola calidade da educación que recibe. O profesorado, as instalacións, os proxectos, a organización do centro... que a EEI Milladoiro funcione tamén depende de nós.

Se aínda non o fixeches, lembrámosche que podes formar parte de Millapeques con depositar a ficha de asociación e o xustificante bancario na caixa de correo da ANPA.



Agardámoste


 

 

 

Vostede está aquí: Inicio Asóciate