Bonos

 

 

Os bonos son o sistema de pagamento para aqueles usuarios ocasionais de calquera dos servizos complementarios que ofrece o concello na nosa escola: Bos Dias Cole, Comedor ou Tardes divertidas.


¿Onde os consigo? Mércanse na sucursal de Nova Galicia Banco do Milladoiro, na rúa Rosalia de Castro.

 

¿Canto custan? O seu custo varía dependendo do servizo do cal se faga uso, polo que é importante especificar no momento de compralo no banco para cal deles é.

 

¿Teño que facer algo máis? Hai que ter en conta que o número de prazas para usuarios ocasionais é limitado. Por isto o primeiro que debes facer é falalo cos responsables e preguntar se hai cabida para un neno/a máis nesa data.

 

Despois merca o bono para pagar con el o servizo unha vez utilizado. Só tes que entregarllo ao monitor ou monitora que atende o teu rapaz.


Teléfonos de contacto:


Bos Días Cole: 608234374 (12 a 14 h / 18 a 20 h)

Comedor Escolar: 608234374

Tardes Divertidas: 677555748

Vostede está aquí: Inicio Bonos