Bos días cole

 

 

É un servizo xestionado polo Concello de Ames e dirixido aos centros públicos de primaria e ESO do municipio.


Algunhas cousas que é bo lembrar:

 

Acceso:

- Existe un primeiro prazo de preinscrición e outro de matrícula.

-As datas da preinscrición (aproximadamente a principios de abril) e o procedemento son os mesmos ca para os servizos de Comedor e Tardes divertidas.

- Unha vez confeccionadas as listaxes definitivas de admitidos, ábrese o prazo de matrícula, que é de 15 días hábiles.

- Tamén se elabora unha listaxe da agarda, que vai correndo ordenadamente no caso de haber baixas no servizo.

- Existen prazas reservadas para circunstancias especiais (usuarios con discapacidades psíquicas e/ou físicas) e tamén para usuarios ocasionais.

- Pode facerse a formalización da matrícula fóra de prazo pero dependerá do número das prazas vacantes. Sempre terá prioridade a listaxe da agarda.

 

Servizos:

- Dentro do programa pode optarse polo servizo de gardería, que consiste no monitoreo dos nenos con actividades lúdicas, con almorzo ou sen el.

- Para os almorzos é necesario levar un mandilón debidamente marcado, para evitar accidentes.

 

Usuarios:

- Hai dous tipos. O fixo é o que está matrículado e fai uso do servizo de luns a venres nos horarios convidos na formalización da matrícula. O ocasional utiliza o sistema de bonos .

 

Horario:

- Comeza ás 7:30 a.m. e remata á hora da entrada á escola, 9:00 a.m. Os monitores son os encargados de levar aos nenos á clase correspondente.

- Os almorzos danse ata as 08:15 h.

- A solicitude para usuarios ocasionais farase no teléfono de contacto , de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h.

 

Pagamento:

- O pagamento dos servizos pódese facer por domiciliación bancaria ou pagando na entidade indicada a 1ª quincena de cada mes. Despois hai que remitir o resgardo correspondente ás oficinas do concello, vía fax ou vía mail.

 

 

Se queres coñecer o Regulamento de Bos Días Cole preme aquí.

Se tes algunha pregunta, suxestión ou queixa sobre este servizo, fáinolo chegar enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vostede está aquí: Inicio Bos días